Mundo de Cores é noticia

6 xornais e 4 radios galegas informaron nos últimos tres meses da edición do conto infantil Mundo de Cores. A iniciativa da ONG Viraventos para promover a educación intercultural segue asi a darse a coñecer despois da súa presentación pública nas librarías da FNAC (A Coruña) e Couceiro (Compostela). Recolleron tamén novas sobre a edición o portal galego do Voluntariado e ALÍ, adicado a recursos didácticos en galego.

O conto, pensado especialmente para nenos e nenas de 3 a 6 anos, narra a historia de Diara, unha meniña “senegalega” que nos presenta a súa familia, os seus costumes e tradicións, un mundo de cores onde predomina a diversidade con toda a súa riqueza…O libro é un instrumento para educar nestes valores e conta cunha web complementaria http://mundodecores.org onde atopar recursos educativos e o conto narrado en distintos idiomas.

Para conseguir un exemplar pódese pedir directamente a Viraventos a través do formulario deste enlace: http://mundodecores.org/cuentacuentos onde tamén se poden consultar as librarias de toda Galicia onde o mercar ao prezo de 9€.

Máis información en: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/07/27/patricia-ares-fixemos-conto-fala-galegos-afrodescendentes/0003_201507G27P22994.htm