Polo Nadal, agasalla culturas

[:es]Yarama África dáche a oportunidade de apostar pola economía solidaria. A tenda de Viraventos naceu para achegar a Galicia as culturas africanas e nela atoparás unha ampla variedade de produtos: contos educativos, ensaios e literatura africana; bonecos, monecas e xoguetes didácticos; wax (teas africanas), camisetas e bolsas de algodón; café Touba, marmelada de Bissap e outros produtos de alimentación; artesanía, bisutería e complementos; karité e outros produtos de cosmética para pel e pelo afro.

Yarama África abre todos os días, agás 25 de decembro e 1 de xaneiro, na rúa Entrepenas 10 da Coruña. Terá tamén durante a campaña de Nadal un posto na FNAC (praza de Lugo) onde venderá, entre outros, o conto Mundo de Cores, editado por Viraventos para fomentar a educación intercultural.

Semanario Sermos G.

YARAMA ÁFRICA destina os seus beneficios a apoiar os proxectos de Viraventos, unha ONG creada en Galicia no ano 2007 para traballar por un novo modelo social baseado na interculturalidade e a xustiza, por medio tanto da intervención directa co colectivo inmigrante –os novos galegos e galegas- como da sensibilización da poboación sobre a importancia do coñecemento, do respecto e do diálogo entre culturas para contribuir á igualdade e a cohesión social.

Máis información: https://www.facebook.com/yaramaafrica[:gl]Yarama África dáche a oportunidade de apostar pola economía solidaria. A tenda de Viraventos naceu para achegar a Galicia as culturas africanas e nela atoparás unha ampla variedade de produtos: contos educativos, ensaios e literatura africana; bonecos, monecas e xoguetes didácticos; wax (teas africanas), camisetas e bolsas de algodón; café Touba, marmelada de Bissap e outros produtos de alimentación; artesanía, bisutería e complementos; karité e outros produtos de cosmética para pel e pelo afro.

Yarama África abre todos os días, agás 25 de decembro e 1 de xaneiro, na rúa Entrepenas 10 da Coruña. Terá tamén durante a campaña de Nadal un posto na FNAC (praza de Lugo) onde venderá, entre outros, o conto Mundo de Cores, editado por Viraventos para fomentar a educación intercultural.

Semanario Sermos G.

YARAMA ÁFRICA destina os seus beneficios a apoiar os proxectos de Viraventos, unha ONG creada en Galicia no ano 2007 para traballar por un novo modelo social baseado na interculturalidade e a xustiza, por medio tanto da intervención directa co colectivo inmigrante –os novos galegos e galegas- como da sensibilización da poboación sobre a importancia do coñecemento, do respecto e do diálogo entre culturas para contribuir á igualdade e a cohesión social.

Máis información: https://www.facebook.com/yaramaafrica

 [:]

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.