[:es]
OFERTA DE EMPREGO
Responsable do proxecto MamáCanguro.
Axuda a Domicilio destinada á poboación infantil.
PERFIL REQUIRIDO
Requisitos imprescindibles:
- Titulación universitaria de grao medio ou superior na área das C.C. Sociais, preferiblemente en Traballo Social.
 - Experiencia profesional demostrada de a lo menos 3 anos, na dirección ou dinamización de proxectos dirixidos a colectivos vulnerables.
 - Experiencia demostrada na xestión de equipos e persoas.
 - Coñecementos das ferramentas informáticas: Excel, Word, Powerpoint, Publisher e Internet (redes sociais), páginas web, etc.
 
Requisitos valorados:
- Experiencia profesional na xestión dun servizo de SAD
 - Capacidade de sistematización, resolución e organización do traballo
 - Habilidades de comunicación escrita e oral.
 - Coñecemento e manexo das metodoloxías e ferramentas habituais na xestión de proxectos
 - Alta motivación e identificación cós valores propios da entidade e cos fins para os que traballa.
 - Sensibilidade e compromiso ético-social
 - Experiencia de voluntariado en entidades do sector.
 
DESCRICIÓN DO POSTO
A persoa seleccionada deberá encargarse da dirección do Proxecto Mamá Canguro. Trátase dun proxecto de nova creación que pretende promover a participación en actividades formativas e/ou de orientación laboral de mulleres, con fillos/as entre 0 e 3 anos, en risco ou situación de exclusión social, a través da posta en marcha dun servizo de Axuda a Domicilio destinado á poboación infantil.
Funcións principais:
- Planificación e implementación do proxecto xunto có equipo coordinador da organización.
 - Deseño e execución de estratexias de comunicación e difusión do servizo
 - Valoración e selección das mulleres beneficiarias do servizo.
 - Selección, contratación, formación, coordinación e supervisión do persoal asociado ao servizo.
 - Selección e formación do equipo de voluntariado.
 - Coordinación cos axentes sociais implicados no proxecto.
 - Elaboración de informes a institucións financiadoras
 - Acompañar e participar no traballo común da organización, así como no traballo en rede con outras entidades.
 
- Localización: A Coruña.
 - Duración: 3 meses
 - Xornada laboral: 40 horas semanais.
 - Data de inicio: 01/09/14
 
Enviar CV en formato PDF a info@viraventos.org, con data límite de inscrición 27 de agosto de 2014.[:]