cartas

POLO DEREITO Á EDUCACIÓN EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS

Por primeiro ano, tódolo  nenos, nenas e adolescentes residentes en Galicia, poderán  participar no fondo solidario de libros de texto e material escolar  en igualdade de condicións.
Ata agora, as sucesivas convocatorias, excluían ás familias que carecían de DNI ou NIE, incumprindo así, tanto o propio obxectivo desta axuda que é é «garantir a igualdade no  exercicio do dereito á educación», como os Principios Xerais da Convenciónde Dereito do Neno (CDN).
Por este motivo, e como entidade participante no Foro Galego de Inmigración, solicitouse á Consellería de Educación da Xunta de Galicia unha alternativa para que as familias cuxos membros non dispoñeran de documento nacional de identidade ou tarxeta de identidade de estranxeiro poidesen acceder a dita convocatoria.
Este mes de xuño comprobamos que a presente convocatoria foi modificada para que nenos, nenas e adolescentes de Galicia reciban unha educación en igualdade de condicións, independentemente da situación administrativa na que se atopen os seus proxenitores.
Non obstante, seguimos a traballar para que este dereito se cumpla en igualdade de condicións para todos os nenos, nenas e adolescentes porque neste último mes estivéronse a detectar certas incidencias con centros educativos de A Coruña encargados de recibir as solicitudes.
Por todo isto, queremos facer un chamamento a entidades ou colectivos de interese para que sigamos traballando nisto e supervisemos que se exerza o dereito á educación en igualdade de condicións para tódala infancia e xuventude de Galicia.
Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.