(Español) A Coruña aberta ao mundo

(Español) A Coruña aberta ao mundo

%LANG: O dioma non está dispoñible For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Xunto aos medos e as esperanzas migraron tamén sabores e saberes dende distintos países do mundo para recalar na Coruña e enriquecer a identidade dun pobo en continuo movemento.

 

A gastronomía é un dos rasgos máis visuais e atractivos dunha cultura. A través dos nosos platos, trasmitimos ideas, valores e pensamentos que forman parte do noso bagaxe cultural. Polo tanto, a comida é un vínculo perfecto para coñecer e valorar outras culturas distintas á nosa.

Dende A Coruña aberta ao mundo, eleximos catro países, catro cociñeiros/as que se convertiron nos auténticos/as protagonistas do proxecto.

Na primeira parte do proxecto, mergullámonos na gastronomía de Colombia, México, República Centroafricana e Guinea Bissau, a través de catro obradoiros nos que creamos un grupo maravilloso, con persoas de Galicia, Cuba, Brasil e Senegal. Cociñamos xunt@s da man de Clara, Rosalba, Fabién e Esmeralda, pero sobre todo conversamos, rimos e compartimos  un tempo de luxo.

Sen embargo, o mellor estaba por chegar. Na segunda parte do proxecto, achegámonos á historia que hai detrás dos/as cociñeiros/as, abríronnos as portas da súa casa, coñecimos os seus espazos preferidos, conversamos coas súas familias,…

  • Así,  encantad@s quedamos de coñecer mellor a Clara, da forma tan natural e agarimosa coa que nos falou da súa vida en Colombia, de súa viaxe á Coruña, dos seus  momentos  máis  felices e tamén dos más tristes. Sen dúbida, as súas experiencias fixeron dela unha muller valente que non  perdeu nin un ápice da nena divertida que leva dentro.
  • Rosalba, é unha avogada mexicana, que chegou á Coruña namorada de Galicia e dun galego. Contounos como pasou de vivir  nunha gran cidade  a un pequeno pobo, como tivo que abandoar a súa profesión e comezar así un novo xeito de entender a vida.
  • En todo o territorio español non residen máis de 30 persoas orixinarias da República Centroafricana, polo que contar con  Fabién foi unha  tremenda sorte, e todo un acerto!! Fabién naceu e medrou nunha pequena aldea, a súa infancia e mocidade estivo tristemente envolta pola  guerra  que vive o país,  isto fixo del unha persoa moi especial, que sen dúbida, non deixa  indiferente a ninguén. Ten unha grandisima capacidade para comunicar, soubo detallar dunha maneira moi  clara  experiencias vividas moi  duras, e para saltar da dor ao   humor, en cuestión de  segundos,  facendonos rir a gargalladas.
  • Esmeralda Batipao, é unha guineana que medrou en Portugal e reside  na Coruña.  Esmeralda que combina tres culturas nunha, puxo todos os seus aprendizaxes de vida a nosa disposición.   Fixemos un percorrido pola súa vida, dende Guinea Bissau ata o seu  Recuncho de Esmeralda na rúa Pelamios na Coruña. Unha muller cun eterno sorriso,   feminista, nai, emprendedora e  loitadora polos dereitos das mulleres negras.

GRAZAS!

Aquí podes ver UNHA EXPERIENCIA, CATRO VIDAS.