asemblea ONGD

Entramos na Coordinadora Galega de ONGD

A Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ONGD celebrada o 24 de abril de en Santiago de Compostela aprobou por unanimidade a incorporación de Viraventos. A Coordinadora agrupa máis de 40 entidades que traballan no ámbito da cooperación ao desenvolvemento, a acción humanitaria e de emerxencia, a educación para o desenvolvemento e a incidencia política. Nacida no 1991, como espazo de intercambio e reflexión das ONGD integradas, impulsa a súa acción conxunta na procura da “erradicación da pobreza nun marco de desenvolvemento sostible e de promoción dos Dereitos Humanos, que propugne a eliminación de calquera tipo de discriminación, e que promocione a igualdade entre mulleres e homes”.

A coordinadora promove e defende unha mellora da calidade da cooperación ao desenvolvemento e representa ao sector na interlocución coas institucións públicas e privadas galegas así coma con outras redes sectoriais e coordinadoras autonomicas.

Para Viraventos a incorporación á Coordinadora é unha oportunidade para aprender da traxectoria doutras organizacións, compartir esforzos e ampliar os espazos de intercambio e colaboración con entidades afíns.

Para saber máis: http://www.galiciasolidaria.org

Na foto, un momento da asemblea que aprobou a incorporación de Viraventos

asemblea ONGD participantesA Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ONGD celebrada o 24 de abril de en Santiago de Compostela aprobou por unanimidade a incorporación de Viraventos. A Coordinadora agrupa máis de 40 entidades que traballan no ámbito da cooperación ao desenvolvemento, a acción humanitaria e de emerxencia, a educación para o desenvolvemento e a incidencia política. Nacida no 1991, como espazo de intercambio e reflexión das ONGD integradas, impulsa a súa acción conxunta na procura da “erradicación da pobreza nun marco de desenvolvemento sostible e de promoción dos Dereitos Humanos, que propugne a eliminación de calquera tipo de discriminación, e que promocione a igualdade entre mulleres e homes”.

A coordinadora promove e defende unha mellora da calidade da cooperación ao desenvolvemento e representa ao sector na interlocución coas institucións públicas e privadas galegas así coma con outras redes sectoriais e coordinadoras autonomicas.

Para Viraventos a incorporación á Coordinadora é unha oportunidade para aprender da traxectoria doutras organizacións, compartir esforzos e ampliar os espazos de intercambio e colaboración con entidades afíns.

Para saber máis: http://www.galiciasolidaria.org

Na foto, un momento da asemblea que aprobou a incorporación de Viraventos

asemblea ONGD participantes

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.