Acordo de colaboración co Club Torre S.D.

Viraventos asina un protocolo de colaboración co Club Torre S.D co que ambas entidades sociais se comprometen a promover o deporte como instrumento de integración e sensibilización da sociedade sobre o fenómeno da inmigración.

Directivos da ONG e do veterano club coruñés reuníronse o xoves 23 de abril para formalizar un acordo que permitirá a Viraventos tanto facilitar a incorporación de colectivos inmigrantes ás actividades deportivas do Club e, específicamente, ás de carácter infantil e xuvenil como contar co apoio do Club Torre SD para a difusión de campañas dirixidas a propiciar a igualdade e non discriminación por motivos raciais.

Tanto o Club como a Asociación subscribiron ademáis o compromiso de estudar novas posibilidades de colaboración para a elaboración e execución de proxectos que teñan por obxecto a cooperación e a educación ao desenvolvemento.

Representantes de ambas entidades reunidos na sede de Viraventos o 23 de abril de 2015:

Convenio Club Torre 1