Agra Civis realizou un encontro veciñal o sábado 27 de xuño. A coruñesa praza das Conchiñas encheuse de xente que puido coñecer o diagnóstico do barrio feito pola propia veciñanza no proceso impulsado nos últimos meses por este proxecto compartido por seis entidades que traballamos no Agra do Orzán: Viraventos, Ecos do Sur, Manicómicos, Cuarto Sector, Deloga e Juan Soñador.
Viraventos participou no Agra Civis coa iniciativa Tecendo Redes que xuntou semanalmente durante varios meses mulleres inmigrantes para coñecer recursos e experiencias a prol da súa plena participación como cidadás.
Máis información: http://www.agraorzan.com