Café-coloquio para tecer redes

Home / Novas / Café-coloquio para tecer redes
Café-coloquio para tecer redes

As participantes no proxecto Tecendo Redes compartiron onte algunha das súas experiencias vitais. Hoxe son galegas, veciñas do barrio coruñés do Agra do Orzán pero antes viviron en Senegal, Nixeria e outros países.

Viraventos xunta todos os martes as participantes deste proxecto que forma parte da iniciativa Agra Civis compartida con outras ONG como Ecos do Sur, Cuarto Sector, Juan Soñador, Manicómicos e Mistura. Tecendo Redes quere potenciar a participación social das mulleres.

O proxecto continuará ata Maio do 2015 abordando diferentes temas, en catro sesións cunha estrutura semellante: información, taller, visita a un recurso socio-cultural do barrio, café-coloquio ou video-forum. Nas próximas semanas trataranse, entre outros, temas como: Servicios Sociais, movementos asociativos presentes no Agra do Orzán e participación política.

Cada mes renóvase a inscrición de participantes. As actividades son gratuitas e realízanse habitualmente os martes de 17 a 19h. Actualmente quedan cinco prazas disponibles. De estares interesada, chámanos ao 881 889 460 ou pásate por onda nós.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies