Imaxe campaña pas des murs

A ignorancia é o peor dos muros

[:es]Dous mil mortos en sete meses é algo arrepiante, catastrófico. Acostumarse a esas cifras, horroroso. Consentir que a Unión Europea e os seus Canada Goose Jackets Outlet estados asistan impasibles a esa masacre, inxustificable. Xa non abonda coa compaixón ou a solidariedade. Os afogados no Mediterráneo, os dramas de Ceuta, Melilla, Sicilia e agora Calais reclaman de nós outra atitude.

Debemos esforzarnos por comprender e explicar activamente as causas dos fenómenos migratorios e combatir a pasividade e a ignorancia. Ollar para outro lado ou non querer ver non vai mudar esta característica do noso tempo. A xente ten -temos- dereito a procurar un futuro mellor e a fuxir de conflitos que converten a milleiros de persoas en vítimas inocentes. Os muros de incomprensión e intolerancia non  Canada Goose Jackets Outlet Online resolverán o problema. Precisamos de pontes.

Sociedades como a galega, que sabe por amarga experiencia da dureza da emigración, debemos dar exemplo de acollida, convencidos de que quen nos visita para vivir e traballar connosco está tamén a contribuír positivamente ao futuro do noso País.

Máis información:

http://internacional.elpais.com/internacional/2015/08/04/actualidad/1438693175_440161.html

http://ethic.es/2015/07/ellos-son-nosotros/

https://twitter.com/MSF_Sea/status/629015307676446720[:gl]Dous mil mortos en sete meses é algo arrepiante, catastrófico. Acostumarse a esas cifras, horroroso. Consentir que a Unión Europea e os seus estados asistan impasibles a esa masacre, inxustificable. Xa non abonda coa compaixón ou a solidariedade. Os afogados no Mediterráneo, os dramas de Ceuta, Melilla, Sicilia e agora Calais reclaman de nós outra atitude.

Debemos esforzarnos por comprender e explicar activamente as causas dos fenómenos migratorios e combatir a pasividade e a ignorancia. Ollar para outro lado ou non querer ver non vai mudar esta característica do noso tempo. A xente ten -temos- dereito a procurar un futuro mellor e a fuxir de conflitos que converten a milleiros de persoas en vítimas inocentes. Os muros de incomprensión e intolerancia non resolverán o problema. Precisamos de pontes.

Sociedades como a galega, que sabe por amarga experiencia da dureza da emigración, debemos dar exemplo de acollida, convencidos de que quen nos visita para vivir e traballar connosco está tamén a contribuír positivamente ao futuro do noso País.

Máis información:

http://internacional.elpais.com/internacional/2015/08/04/actualidad/1438693175_440161.html

http://ethic.es/2015/07/ellos-son-nosotros/

https://twitter.com/MSF_Sea/status/629015307676446720[:]

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.