Encantad@s quedamos con Clara, da forma tan natural e agarimosa coa que nos falou da súa vida en Colombia, da súa viaxe á Coruña, dos seus momentos máis felices e tamén dos máis tristes.
Sen dúbida, as suas experiencias fixeron dela unha muller valente que non perdeu nin un ápice da nena divertida que leva dentro.
Fixemos un grupo ben fermoso, persoas de Galicia, Cuba, Brasil, Senegal e Colombia cociñamos xunt@s da man de Clara, o prato “Bandeja Paisa” e “Aborrajados de plátano maduro e queixo”, pero sobre todo conversamos, rimos e compartimos unha mañá de luxo.
Grazas !!!