Dende o pasado día 9 de abril 34 escolas infantís da Coruña colaboran con Viraventos na “Campaña Segundamanita”. Este campaña enmarcase dentro do “Programa Mámá, Colo” da ONGD Viraventos que ten como obxectivo axudar a familias con nenos/as de 0 a 3 anos, que están a atravesar situacións difíciles por culpa da crise.
Coa Campaña Segundamanita a ONGD Viraventos pretende que se lle de unha segunda vida aos artigos de bebé que xa non se utilizan e que son de gran necesidade para familias sen recursos. Durante o mes de abril recolleranse artigos de primeira necesidade (roupa, zapatos, cunas, carriños de bebé,…) nas escolas infantís que participan na Campaña, e repartiranse entre máis de 130 familias necesitadas da Coruña.