Cada 25 de maio conmemórase o Día de África, un símbolo da loita de todo o contiente africano para a sua liberación e o seu desenvolvemento, e un día de celebración da unión e a diversidade das culturas africanas.
O 25 de maio de 1963, 32 líderes africanos reuníronse en Etiopía para fundar a Organización para a Unidade Africana (OUA). Esta institución establecía as bases do Panafricanismo, promovendo a unidade e a colaboración entre todos os estados africanos e outorgando ao continente unha voz única que loitase polos seus intereses. O seu obxectivo principal foi a liberación dos países que aínda seguían sometidos polo colonialismo. A OUA conseguiu un gran éxito na erradicación da opresión colonial, sen embargo, o seu papel unificador foise diluíndo. En 2002, a OUA foi sido substituída pola Unión Africana (UA).
O Día de África converteuse nunha festa nacional en moitos países africanos, con todo a celebración está a estenderse por moitos outros lugares do mundo, e isto é así, en parte grazas á diáspora africana. O 25 de maio celébrase a africanidade, o orgullo de pertencer a África, e esta expresión non só inclúe á cidadanía africana e á diáspora senón tamén a todas as persoas que por unha ou outra razón, se senten parte de África.
Sen embargo, o Día de África debe ser tamén un día de reivindicación e de loita. Debe ser un día para reflexionar porque o continente africano segue sendo explotado polos países occidentais, cales son as verdadeiras causas das desigualdades,… Un día para protestar polas discriminacións e as violacións de dereitos humanos contra os africanos/as, tanto nos seus propios países de orixe, como en Europa onde sistematicamente vulnérase o dereito á libre circulación e o acceso ao procedemento de asilo, no caso das persoas refuxiadas.
É por iso que hoxe, e todos os días do ano, debemos reafirmar o noso compromiso con África:
- Mostrando unha imaxe realista de África, da riqueza sociocultural dun continente inxustamente asociado coa pobreza e o conflito de maneira exclusiva.
- Expoñendo que a situación económica de África ten causas profundas que van máis aló deste continente e que nos implican a todas e todos.
- Apelando á sociedade civil a mobilizarse para defender e seguir loitando pola independencia real do continente e polo seu futuro.
- Pedindo un maior compromiso por parte das institucións e de toda a sociedade na loita contra a discriminación, o racismo e os microracismos.
- Convidando o intercambio e á convivencia intercultural entre os galegos e as galegas, de aquí e de alí, para axudar a construír o futuro dun pais enriquecido pola súa diversidade.
Cada 25 de maio, é un día reivindicativo e festivo que nos lembra o valor da liberdade, da unión, e da necesidade de loitar para devolverlle a África o protagonismo que se merece.
Convidámosvos a unirvos á celebración do día de África connosco.