YARAMA ÁFRICA

YARAMA ÁFRICA

Viraventos iniciou no ano 2015, o proxecto YARAMA ÁFRICA, tenda solidaria e centro de iniciativas culturais.

Ao longo de algo máis de tres anos,  impulsamos este proxecto que pouco a pouco se foi facendo un oco no ámbito sociocultural galego, e que a día de hoxe estase a consolídar como unha entidade de referencia no terreo da reinvindicación e orgullo afro en Galicia.

En xaneiro deste mesmo ano 2019, Yarama África adquire personalidade xurídica independente, constituíndose como Cooperativa Galega Sen Ánimo de Lucro e continuando así co seu fantástico labor, como vén facendo desde os seus inicios.

Viraventos cre firmemente nos principios e bases nas que se asenta Yarama África polo que ambas entidades traballamos conxuntamente en distintos proxectos e actividades.

Podes coñecer máis sobre Yarama África aquí.

Programación de encontros e iniciativas de intercambio cultural en Yarama África: