Proxecto de mediación intercultural comunitaria para persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana.
O novo Proxecto Mediación Intercultural Comunitaria vaise desenvolver principalmente en 3 barrios da cidade da Coruña (Agra do Orzán, Ventorrillo, Sagrada Familia) con presenza significativa de diversidade cultural, provinte tanto da migración internacional como de procesos de migración interna, e con presenza de minorías (inmigradas) ou autóctonas (pobo xitano etc.).
A actuación despregarase prioritariamente a través de tres alicerces básicos de intervención: o ámbito socioeducativo, o ámbito da saúde comunitaria e o ámbito das relacións cidadás, e sempre coa colaboración da administración pública local.
Paralelamente e de forma transversal ao proxecto, Viraventos pon a disposición dos/as beneficiario/as, unha serie de recursos (de primeira necesidade, económicos, de orientación, de conciliación…) que faciliten a participación activa e continuada no itinerario de inserción laboral.
Persoas beneficiarias: Persoas inmersas en procesos migratorios en situación ou risco de exclusión social.
Esta actuación está subvencionada a través da ORDE do 4 de maio de 2020 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2020,2021 e 2022 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional),, enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social ”.




Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 27 de xuño (DOG nº 130, de 10 de xullo de 2023) “Inclusión Social e loita contra a pobreza”.
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027
Obxectivo: Promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluidos os inmigrantes.
Resultado esperado: Aumentada a participación das prácticas, dos dereitos e dos recursos sociais que configuran a inclusión social.