Primeira experiencia en Aprendizaxe-Servizo

Inicio / Novas / Primeira experiencia en Aprendizaxe-Servizo
Primeira experiencia en Aprendizaxe-Servizo

A proposta pedagóxica do Aprendizaxe-Servizo apunta a mellorar a calidade educativa dos alumnos/as, enfatizando nunha educación para a cidadanía fundada na práctica participativa e o aporte solidario ó desenvolvemento local, puidendo aplicar os coñecementos adquiridos nas aulas ó servizo de necesidades concretas da comunidade.
O pasado 20 de abril levouse a cabo na sede de Viraventos a primeira experiencia de Aprendizaxe e Servizo en convenio ca Universidade de Coruña.
Un grupo de 25 alumnos do Mestrado en Psicopedagoxía presentaron o seu traballo interactivo baseado no conto infantil “Mundo de Cores”, editado por Viraventos e que pretende mostrar a riqueza da diversidade cultural e unha nova xeración de galegos e galegas que manteñen aspectos culturais comúns e outros diferenciados.
Un dos recursos educativos presentados, deulle vida ó conto a través da técnica de animación “stop motion”, a cal aparenta o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes sucesivas. Ademáis, co propósito de unir Senegal e Galicia, fan unha comparativa da vida para nenos e nenas de Galicia e Senegal, a nivel escolar, gastronómico, cultural e lúdico, fomentando así a cercanía entre ambas culturas, e, achegando ó mesmo tempo, o xogo e a educación intercultual ás TICs.
A valoración por parte de Viraventos é moi positiva, polo que gustaríanos agradecer á Universidade de Coruña, á mestra Patricia Digón e os/as estudantes o feito de contar connosco para elaborar esta boa práctica. Parabéns!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies