O pasado xoves 20 de xuño, organizamos xunto as compañeiras de Yarama África, o obradoiro FAGAMOS UN BO TRATO, conducido por SEDRA-FPFE.
SEDRA Federación de Planificación Familiar a través dunha metodoloxia participativa forma a profesionais, familias e outros colectivos en diversos asuntos relacionados coa sexualidade, a saúde sexual e reproductiva e os dereitos sexuais e reproductivos.
Ao longo de 2 horas falamos sobre saúde sexual, prevención da violencia de xénero e fomento de prácticas de bo trato. Conseguimos crear un espazo seguro no que compartir e crear un vínculo de sororidade que promete novas xuntanzas.