Viraventos trae a Galicia a exposición “Show the Soul” do fotógrafo palestino Hindi Mesleeh. No seu traballo, o autor soubo captar perfectamente
a permanente presencia militar, a figura constante do Muro e a resistencia palestina combinando a súa profesionalidade coa sensibilidade propia dunha víctima máis do conflicto.
Hindi Mesleeh, fotógrafo freelance é un dos máis recoñecidos activistas civís da cidade e bisbarra de Bethlehem. A cidade de Bethlehem e o distrito do mesmo nome, agrupan unha poboación de 136.000 habitantes que teñen que convivir co cemento gris do omnipresente Muro. Hindi realiza o seu traballo intentando reflectir o que o Muro supón para a poboación civil e todas as situacións terribles que carrexa o muro aos palestinos. Lidera un dos máis fortes movementos contra o Muro na poboación de Ni’llin, intentando a través das súas imaxes denunciar esta situación.
Có propósito de achegar estas imaxes a toda a cidadanía galega, Viraventos cede a exposición «Show the Soul» a aquelas entidades con interese en realizar actividades de sensibilización cara o pobo palestino.
Se precisas máis información: info@viraventos.org