O próximo día 9 de novembro recibimos a terceira repartición de alimentos do ano, procedentes do “Plan de Axuda ás persoas máis necesitadas da UE”  a través do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio.

Como sabedes, se este traballo é posible, é grazas á colaboración de todas aquelas persoas que desinteresadamente vides a botarnos unha man, xa que doutro xeito a descarga e organización dos máis de 7200 kg de alimentos non sería posible.

É por iso que vos solicitamos, a todas aquelas persoas que queirades e poidades, que veñades a axudarnos o próximo venres 9 ás 12:15 da mañá.

A repartición de alimentos ás persoas beneficiarias comezará o luns 12 ás 10:00.

Grazas a todos e todas de antemán