Comezamos os OBRADOIROS DE COCIÑAS DO MUNDO.

Comezamos os OBRADOIROS DE COCIÑAS DO MUNDO.

Este mes de xullo terán comezo os Obradoiros de Cociñas do Mundo, dentro do noso proxecto A Coruña Aberta ao Mundo, en colaboración con Yarama África, e financiado pola Fundación Emalcsa, dentro do Programa Cultura Accesible e Inclusiva.

A través deste proxecto mostraremos as diferentes culturas que conviven na nosa cidade dun xeito positivo e enriquecedor.

A gastronomía é un dos rasgos máis visuais e atractivos dunha cultura. A través dos nosos platos, trasmitimos ideas, valores e pensamentos que forman parte do noso bagaxe cultural. Polo tanto, a comida é un vínculo perfecto para coñecer e valorar outras culturas distintas a nosa.

Eleximos catro países (Colombia, México, República Centroafricana e Guinea Bissau) e realizaremos unha inmersión total na gastronomia e a cultura de cada lugar. Para logralo contaremos coa axuda inestimable de Clara, Rosalba, Esmeralda e Fabién, os/as cociñeiros/as locais que serán os auténticos/as protagonistas do proxecto e nos achegarán ao máis auténtico da súa cultura.

Podes inscribirte aquí 

Trátase de contar as historias que hai detrás dos/as cociñeiros, os sabores e o legado cultural de cada país.