Ecuentro sobre derechos de las mujeres

Inicio / Novas / Ecuentro sobre derechos de las mujeres
Ecuentro sobre derechos de las mujeres

Acto Bolivia

Viraventos acolleu o 28 de maio un encontro entre mulleres galegas, africanas e aimaras para intercambiar experiencias de traballo a prol dos dereitos das mulleres. Recollendo a proposta do colectivo coruñés Acçom Rabuda xuntámonos para escoitar a Julieta Paredes e Adriana Guzmán contar a súa experiencia de feminismo comunitario en Bolivia.

Canda a evidencia da necesidade de loitar en todas partes polos dereitos das mulleres, salientou a súa énfase na descolonización das mentes animando a cada pobo a buscar a súa propia experiencia, lonxe da imitación ou asunción mecánica de modelos alleos, algo que, na súa opinión, aconteceu tamén inicialmente nos pobos andinos con respecto ao feminismo europeo e norteamericano. Julieta e Adriana referiron a experiencia de discusión do proceso constituinte boliviano, proceso no que, entre outras cousas, se incorporaron conceptos que poñen en valor o traballo das mulleres na esfera “privada” (coidado, crianza,…) para permitir devolver esa riqueza ata agora non contabilizada ás súas lexítimas posuidoras.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies