Cartel Mulleres Bolivia. Maio 2015

Encontro sobre dereitos das mulleres

[:es]

Acto Bolivia

Viraventos acolleu o 28 de maio un encontro entre mulleres galegas, africanas e aimaras para intercambiar experiencias de traballo a prol dos dereitos das mulleres. Recollendo a proposta do colectivo coruñés Acçom Rabuda xuntámonos para escoitar a Julieta Paredes e Adriana Guzmán contar a súa experiencia de feminismo comunitario en Bolivia.

Canda a evidencia da necesidade de loitar en todas partes polos dereitos das mulleres, salientou a súa énfase na descolonización das mentes animando a cada pobo a buscar a súa propia experiencia, lonxe da imitación ou asunción mecánica de modelos alleos, algo que, na súa opinión, aconteceu tamén inicialmente nos pobos andinos con respecto ao feminismo europeo e norteamericano. Julieta e Adriana referiron a experiencia de discusión do proceso constituinte boliviano, proceso no que, entre outras cousas, se incorporaron conceptos que poñen en valor o traballo das mulleres na esfera “privada” (coidado, crianza,…) para permitir devolver esa riqueza ata agora non contabilizada ás súas lexítimas posuidoras.

[:gl]

Acto Bolivia

Viraventos acolleu o 28 de maio un encontro entre mulleres galegas, africanas e aimaras para intercambiar experiencias de traballo a prol dos dereitos das mulleres. Recollendo a proposta do colectivo feminista coruñés Acçom Rabuda xuntámonos para escoitar a Julieta Paredes e Adriana Guzmán contar a súa experiencia de feminismo comunitario en Bolivia.

Canda a evidencia da necesidade de loitar en todas partes polos dereitos das mulleres, salientou a súa énfase na descolonización das mentes animando a cada pobo a buscar a súa propia experiencia, lonxe da imitación ou asunción mecánica de modelos alleos, algo que, na súa opinión, aconteceu tamén inicialmente nos pobos andinos con respecto ao feminismo europeo e norteamericano. Julieta e Adriana referiron a experiencia de discusión do proceso constituinte boliviano, proceso no que, entre outras cousas, se incorporaron conceptos que poñen en valor o traballo das mulleres na esfera “privada” (coidado, crianza,…) para permitir devolver esa riqueza ata agora non contabilizada ás súas lexítimas posuidoras.

[:]

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.