O proxecto Inserta A Coruña pretende facilitar a integración sociolaboral das persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana.
Estas accións parten da valoración previa das circunstancias persoais e laborais das persoas destinatarias, identificando e potenciando as súas habilidades co obxecto de poñer ao seu alcance recursos formativos e de emprego. Conta para iso cun equipo de traballo que realiza sesións de orientación, obradoiros prelaborais de capacitación profesional, promove a participación das persoas participantes en cursos de formación ocupacional, realiza mediacións empresariais e acompaña en todo o proceso de procura de emprego as/os usuarias/os ata a súa inserción no mercado de traballo galego.
Paralelamente e de forma transversal ao proxecto, Viraventos pon a disposición dos/as beneficiario/as, unha serie de recursos (de primeira necesidade, económicos, de orientación, de conciliación…) que faciliten a participación activa e continuada no itinerario de inserción laboral.
Persoas beneficiarias: Persoas inmersas en procesos migratorios en situación ou risco de exclusión social.
Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)
Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social O FSE invirte no teu futuro.
Inserta A Coruña: Proxecto para a integración laboral de persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social.
“Proxecto INSERTA A CORUÑA” está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014 – 2020, Obxectivo temático 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”, para a integración laboral de persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social.