Coñécenos
Portada » Coñécenos
Non podemos deter o vento… pero podemos construír muiños
Traballamos para garantir a igualdade e a convivencia entre persoas con diversas orixes nacionais ou culturais. Facémolo desde a reivindicación, a proximidade e o afecto por todas as identidades.
O noso traballo
Queremos promover unha conciencia crítica que cuestione as causas da pobreza e da desigualdade, as asimétricas relacións entre países e o actual funcionamento de gobernos e organismos internacionais.
O noso compromiso quere contribuír á construción dun novo modelo social baseado na interculturalidade e a xustiza por medio tanto da intervención directa co colectivo migrante –os novos galegos e galegas– como da sensibilización sobre a importancia da diversidade, do respecto e o diálogo entre culturas como contribución á cohesión social.

Viraventos e a súa sede
Gostarianos ver consolidados nos próximos anos os nosos servizos de apoio á plena participación sociolaboral e educativa das familias migrantes.
Os nosos valores
Os nosos proxectos queren ser tamén unha vía de participación e inclusión para persoas socialmente vulnerables.
Interculturalidade
Desde Viraventos apostamos por unha interculturalidad que non quede no superficial, que vaia máis aló do “respecto”, que dignifique a todas as culturas e busque xustiza, reparación e igualdade real.
Compromiso
É un compromiso que atravesa a nosa vida, as nosas decisións e as nosas relacións. Porque loitar contra as inxustizas non é algo que se fai a intres: é unha postura ética, política e persoal que nos guía en todo o que facemos.
Reivindicación
En Viraventos reivindicamos o dereito para existir sen ser criminalizadas, a migrar sen ser perseguidas, a vivir sen medo. Reivindicamos a voz, a resistencia e a dignidade das persoas racializadas fronte a un sistema que constantemente tenta borralas. En Viraventos reivindicamos vidas dignas, dereitos garantidos e espazos seguros onde todas as persoas, sen excepcións poidan ser, estar e decidir.
Proximidade
Xustiza
Viraventos
- Viraventos pertence á Coordinadora Galega de ONGDs, á Plataforma de Oranizacións de Infancia de Galicia, ao Consello de Inclusión Social do Concello da Coruña e ao Foro Galego da Inmigración
- Inscrita no Rexistro de Asociacións (Ministerio do Interior) co número 603859
- Inscrita no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento Sección A nº A-190
- Inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia co número RUEPSS E-2216
- Contamos coa colaboración habitual de 12 persoas voluntarias, e con máis de 5000 seguidores/as nas redes sociais.
Traballamos para garantir a igualdade
Os nosos proxectos queren ser tamén unha vía de participación e inclusión para persoas socialmente vulnerables.