Viraventos formalizou o seu ingreso en COOP57, a Cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios nacida en Catalunya hai agora vinte anos . O 13 de xuño participamos por vez primeira na asemblea galega desta organización que pretende ser unha ferramenta ao servizo da economía social. COOP57-Galiza agrupa 33 entidades socias de servizos e 137 socias colaboradoras. En 2014 incorporáronse as cooperativas de traballo Metal Unión, Numax, Rexenerando e Algalia.
Máis información en: http://www.coop57.coop/es