Dous mil mortos en sete meses é algo arrepiante, catastrófico. Acostumarse a esas cifras, horroroso. Consentir que a Unión Europea e os seus estados asistan impasibles a esa masacre, inxustificable. Xa non abonda coa compaixón ou a solidariedade. Os afogados no Mediterráneo, os dramas de Ceuta, Melilla, Sicilia e agora Calais reclaman de nós outra atitude.
Debemos esforzarnos por comprender e explicar activamente as causas dos fenómenos migratorios e combatir a pasividade e a ignorancia. Ollar para outro lado ou non querer ver non vai mudar esta característica do noso tempo. A xente ten -temos- dereito a procurar un futuro mellor e a fuxir de conflitos que converten a milleiros de persoas en vítimas inocentes. Os muros de incomprensión e intolerancia non resolverán o problema. Precisamos de pontes.
Sociedades como a galega, que sabe por amarga experiencia da dureza da emigración, debemos dar exemplo de acollida, convencidos de que quen nos visita para vivir e traballar connosco está tamén a contribuír positivamente ao futuro do noso País.
Máis información:
http://internacional.elpais.com/internacional/2015/08/04/actualidad/1438693175_440161.html
http://ethic.es/2015/07/ellos-son-nosotros/
When we ask people rescued why they risk their lives in this way, we get the same answer every time. “There is no alternative." 1/2
— MSF Sea (@MSF_Sea) August 5, 2015