O 31 de maio de 2011 recibiremos do Banco de Alimentos “Rías Altas” – FEGA o primeiro reparto do ano que serán 5.000 Kilos de alimentos non perecedoiros. Estes alimentos repartiranse entre os nosos usuarios e usuarias. O martes non realizaremos ningunha actividade habitual porque tódalas nosas enerxías estarán enfocadas á colocación dos alimentos no noso local: Rúa Alcalde Lens Nº34, 1ºC.
O trasporte de ditos alimentos realizarao RETO, entidade que sempre nos apoiou para poder transportar os alimentos ata o noso local. A descarga dos alimentos realizarase formando unha cadea humana para axilizar e facer máis leve esta actividade. Finalmente, solicitamos un permiso de ocupación da beirarrúa fronte ó noso local, onde aparcará o camión desde as 10 da mañá. A cadea humana estará formada por voluntarios, voluntarias, usuarios, usuarias, traballadoras e membros da Xunta Directiva de Viraventos.
O mércores 1 de xuño, realizaremos o reparto entre os usuarios e usuarias para garantir a orde e calidade da nosa atención ó público en xeral.
Leave a Reply