Entre tod@s el 31 de mayo recibiremos 5.000 Kg. de Alimentos

Home / Novas / Entre tod@s el 31 de mayo recibiremos 5.000 Kg. de Alimentos

O 31 de maio de 2011 recibiremos do Banco de Alimentos “Rías Altas” – FEGA o primeiro reparto do ano que serán 5.000 Kilos de alimentos non perecedoiros. Estes alimentos repartiranse entre os nosos usuarios e usuarias. O martes non realizaremos ningunha actividade habitual porque tódalas nosas enerxías estarán enfocadas á colocación dos alimentos no noso local: Rúa Alcalde Lens Nº34, 1ºC.

O trasporte  de ditos alimentos realizarao RETO, entidade que sempre nos apoiou para poder transportar os alimentos ata o noso local. A descarga dos alimentos realizarase formando unha cadea humana para axilizar e facer máis leve esta actividade. Finalmente, solicitamos un permiso de ocupación da beirarrúa fronte ó noso local, onde aparcará o camión desde as 10 da mañá.  A cadea humana estará formada por voluntarios, voluntarias, usuarios, usuarias, traballadoras e membros da Xunta Directiva de Viraventos.

O mércores 1 de xuño, realizaremos o reparto entre os usuarios e usuarias para garantir a orde e calidade da nosa atención ó público en xeral.

Leave a Reply

Your email address will not be published.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies