VISIBILIZANDO EXPERIENCIAS DE DISCRIMINACIÓN NA MOCIDADE 2024

VISIBILIZANDO EXPERIENCIAS DE DISCRIMINACIÓN NA MOCIDADE 2024

Visibilizando experiencias de racismo na mocidade. Campaña de comunicación social.

Este proxecto pon o foco da loita contra o racismo e a xenofobia na prevención, dende a comunicación e a sensibilización social, para fomentar unha mellor e saudable convivencia.

Este proxecto quere en primeiro lugar, achegar información a mozos e mozas, para lograr que esta problemática non permaneza desapercibida, que se fagan visibles as suas causas e as súas consecuencias.

En segundo lugar, quere tamén facer reflexionar a mozos e mozas sobre aquelas prácticas e condutas que directa ou indirectamente contribuen a que se produzan ou se reproduzan situacións discriminatorias.

Mozos e mozas galegas de orixe migrante traballarán en equipo con diferentes ferramentas de comunicación ata definir unha campaña de sensibilización social que poña o foco de atención nas situacións persoais de discriminación vividas por cada un/unha deles/as.

O proxecto busca crear unha nova estratexia de traballo cos mozos, sendo estes quenes poñan voz ás súas vivencias, ampliando os seus coñecementos e habilidades a unha dimensión activa, de participación e de acción, e creando unha rede que sirva como punto de colaboración, de reflexión e de afianzamento das relacións sociais.

Se queres saber máis preme aquí

Proxecto financiado a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.