Chegou o día do Obradoiro máis esperado dentro do proxecto A Coruña Aberta ao mundo, o país máis descoñecido por todas e todos nós, a República Centroafricana.
En todo o territorio español non residen máis de 30 persoas orixinarias deste país, polo que contar con Fabién foi unha tremenda sorte, e todo un acerto!!
Fabién naceu e medrou nunha pequena aldea, a súa infancia e mocidade estivo tristemente envolta pola guerra que vive o país, todo isto fixo del unha persoa moi especial, que sen dúbida, non deixa indiferente a ninguén.
Ten unha grandisima capacidade para comunicar, soubo detallar dunha maneira moi clara experiencias vividas moi duras, e para saltar da dor ao humor, en cuestión de segundos, facendonos rir a gargalladas.
Con todo isto, parecía que a cociña sería o de menos. Sen embargo, agasallounos cun polo con pasta de cacahuete, plátano fritido e para rematar buñuelos de plátano. Imposible facelo mellor!
Coma sempre, grazas!