POLO DEREITO Á EDUCACIÓN EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS

POLO DEREITO Á EDUCACIÓN EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS

Por primeiro ano, tódolo  nenos, nenas e adolescentes residentes en Galicia, poderán  participar no fondo solidario de libros de texto e material escolar  en igualdade de condicións.
Ata agora, as sucesivas convocatorias, excluían ás familias que carecían de DNI ou NIE, incumprindo así, tanto o propio obxectivo desta axuda que é é “garantir a igualdade no  exercicio do dereito á educación”, como os Principios Xerais da Convenciónde Dereito do Neno (CDN).
Por este motivo, e como entidade participante no Foro Galego de Inmigración, solicitouse á Consellería de Educación da Xunta de Galicia unha alternativa para que as familias cuxos membros non dispoñeran de documento nacional de identidade ou tarxeta de identidade de estranxeiro poidesen acceder a dita convocatoria.
Este mes de xuño comprobamos que a presente convocatoria foi modificada para que nenos, nenas e adolescentes de Galicia reciban unha educación en igualdade de condicións, independentemente da situación administrativa na que se atopen os seus proxenitores.
Non obstante, seguimos a traballar para que este dereito se cumpla en igualdade de condicións para todos os nenos, nenas e adolescentes porque neste último mes estivéronse a detectar certas incidencias con centros educativos de A Coruña encargados de recibir as solicitudes.
Por todo isto, queremos facer un chamamento a entidades ou colectivos de interese para que sigamos traballando nisto e supervisemos que se exerza o dereito á educación en igualdade de condicións para tódala infancia e xuventude de Galicia.