PROXECTO ACHEGA 2024-2025

PROXECTO ACHEGA 2024-2025

Proxecto de mediación intercultural comunitaria para persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana.

O novo Proxecto  Mediación Intercultural Comunitaria vaise desenvolver principalmente en 3 barrios da cidade da Coruña (Agra do Orzán, Ventorrillo, Sagrada Familia) con presenza significativa de diversidade cultural, provinte tanto da migración internacional como de procesos de migración interna, e con presenza de minorías (inmigradas) ou autóctonas (pobo xitano etc.).

A actuación despregarase prioritariamente a través de tres alicerces básicos de intervención: o ámbito socioeducativo, o ámbito da saúde comunitaria e o ámbito das relacións cidadás, e sempre coa colaboración da administración pública local.

O proxecto ten carácter preventivo e as actuacións vanse dirixir especialmente ao traballo coas familias, e en colaboración cos profesionais que desenvolven o seu traballo coas mesmas.

Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 27 de xuño (DOG nº 130, de 10 de xullo de 2023)

 

Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 27 de xuño (DOG nº 130, de 10 de xullo de 2023)  “Inclusión Social e loita contra a pobreza”
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027 

Obxectivo: Promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluidos os inmigrantes  
Resultado esperado: Aumentada a participación das prácticas, dos dereitos e dos recursos sociais que configuran a inclusión social.