Viraventos ofrece orientación para a inserción laboral de mulleres en situación ou risco de exclusión social, con fillos e fillas menores 12 anos residentes na Coruña e na súa área metropolitana.
- Itinerarios personalizados de inserción laboral
- Formación en habilidades sociais para o emprego
- Orientación e acompañamento social
- Cursos de español e competencias dixitais
https://viraventos.org/gl/2015/11/la-alegria-de-encontrar-trabajo
Contamos cun servizo de apoio á conciliación para favorecer a participación neste tipo de iniciativas.
Estamos en Mosteiro de Caaveiro 4, baixo, A Coruña. Para máis información ou solicitude de prazas chamar ao 881 889 460 ou escribir a: sabela.lourido@viraventos.org
Esta actuación está subvencionada pola Dirección Xeral de Inclusión da Xunta de Galicia a través da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social (DOG núm.108 do 10/06/2015), enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.