foro-inmigracion-1

Denuncia da política migratoria española e europea

Para o Foro Galego da Inmigración o carácter represivo e criminalizador da política migratoria española e europea faise cada vez máis patente. Convocada unha reunión o 4 de febreiro.

A brutalidade policial contra as persoas migrantes na fronteira sur, os voos de deportación masiva ou «voos da vergoña» que están a encher as arcas das empresas aéreas, as devolucións sumarias eufemisticamente chamadas «en quente» avaladas pola Lei de Seguridade Cidadá, o internamento en Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) ou as redadas racistas que teñen lugar cotidianamente nas cidades galegas dan boa mostra diso.

Porén, as restricións e as vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes van moito mais alá das actuacións que de cando en vez saltan à primeira plana dos medios de comunicación. No labirinto institucional e burocrático tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.

Para expoñer e denunciar a situación nas fronteiras exteriores e interiores o Foro Galego da Imigración levou a cabo o pasado ano a Semana de Loita contra as Fronteiras na que contamos coa participación de moitas de vós. Mais este ano gostábamos de contar coa tua contribución na organización destas actividades. Para iso, convidámosche a asistir à xuntanza preparatoria que imos celebrar o mércores 04 de febreiro, ás 20hs no CSC das Fontiñas.

Nese encontro imos facer unha breve explicación da actual situación das politicas migratorias e consensuar as actividades que os diferentes colectivos e persoas propoñan para desenvolver durante nesta semana de loita contra as medidas represivas contra as persoas migrantes.

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Hablamos en WhatsApp
Viraventos

¿Cómo puedo ayudarte?

11:14