Redes de Interculturalidade

Un traxe, unha comida ou o relato dunha tradición serven ás participantes do proxecto Tecendo Redes para intercambiar impresións e coñecer as súas respectivas culturas.

Tecendo Redes é un proxecto de Viraventos para promover a participación social das mulle-res do barrio coruñés do Agra do Orzán. Inclúese na iniciativa Agra Civis xurdida en 2014 da alianza entre as ONGs Ecos do Sur, Cuarto Sector, Juan Soñador, Manicómicos, Mestura e Viraventos para xerar espazos de encontro e decisión entre veciños e veciñas nos que deba-tir sobre cuestións clave: os espazos públicos, o emprego, a veciñanza, a política, a cultura…

Tecendo redes comezou en setembro de 2014 e estenderase ata maio de 2015. Ata agora abordáronse temas como dereitos e deberes cidadáns, sistema sanitario, mulleres e igualda-de ou interculturalidade.