Servizos

Como o vento que empuxa cara adiante, en Viraventos acompañámoste en cada paso desta nova etapa

Todos os nosos servizos son gratuitos e con cita previa.

Primeira acollida

En Viraventos, a primeira acollida é un espazo seguro onde escoitamos a túa historia e as túas necesidades. Informámoste sobre os teus dereitos, servizos dispoñibles e os pasos para instarlarte nun novo país. O noso equipo acompáñate desde o primeiro momento, con orientación personalizada no camiño que ti elixas. Porque sabemos que cada comezo necesita apoio, proximidade e confianza.

Servicios Viraventos
Derechos sociales

Orientación social

En Viraventos defendemos o teu dereito a unha vida digna.

Axudámosche a entender e acceder aos recursos sociais que necesitas denunciando as barreiras que xera o racismo estrutural.

Acompañamos á túa familia en temas como vivenda, saúde ou educación resolvendo dúbidas e guiándote paso a paso. 

Orientámoste con compromiso e firmeza, porque a dignidade non se pide, exércese.

Orientación laboral

Cremos no dereito ao traballo xusto e sen discriminación. Por iso, en Viraventos loitamos xunto a ti para romper os teitos de cristal e as portas pechadas que enfrontan as persoas migrantes.

Apoiámosche na procura de emprego, ofrecéndoche asesoramento personalizado, formación e ferramentas para mellorar as túas oportunidades cara a unha inserción laboral digna e estable.

Orientación laboral
Mediación intercultural

Mediación intercultural

Axudámosche a superar barreiras linguísticas e/ou culturais coa Administración,  servizos inmobiliarios, sanitarios ou educativos.

A nosa mediación é máis que tradución: é unha ferramenta de xustiza. En Viraventos traballamos para que a túa voz sexa escoitada, recoñecendo os teus saberes, a túa lingua e a túa cultura. Mediamos desde o respecto, o antirracismo e a convicción de que todas as culturas teñen o mesmo valor.

Formación en lingua española

En Viraventos, a primeira acollida é un espazo seguro onde escoitamos a túa historia e as túas necesidades. Informámoste sobre os teus dereitos, servizos dispoñibles e os pasos instarlarte nun novo país. O noso equipo acompáñate desde o primeiro momento, con orientación personalizada e calidez humana. Porque sabemos que cada comezo necesita apoio, proximidade e confianza.

Ayuda idiomas

Tes dúbidas ou queres colaborar?

Contacta

+34 881 889 460

Traballamos cada día para mellorar a vida das persoas. Xuntas podemos marcar a diferenza.

Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.