Semana do Ocio no Programa Novas Caras

Home / Novas / Semana do Ocio no Programa Novas Caras

O Programa Novas Caras vaise de vacacións, pero antes queremos agradecer as rapazas e rapaces o esforzo realizado ao longo de todo o curso. Deste xeito, preparamoslles unha semana chea de actividades e diversión.

Venres 22 de xuño: Festa de fin de curso en Viraventos

Luns 25 de xuño: Praia do Orzán (A Coruña)- faremos xogos e prepararemos unha merenda.

Martes 26 de xuño: Parque de Aventuras en Marín (Pontevedra)-está formado por 6 circuítos multi-aventura nos que hai que combinar equilibrio, enxeño, forza, destreza e autocontrol para superar distintas probas.

Mércores 27 de xuño: visita ao Centro Municipal de Información Xuvenil da Coruña.

Xoves 28 de xuño: Paintball en Pontedeume (A Coruña)- xogo ideal para liberar todo o estrés acumulado dunha forma divertida. Cada equipo ten marcadores de gas que lanzan bólas de pintura biodegradable.

Venres 29 de xuño: Aquapark de Cerceda (A Coruña)- parque acuático que dispón de piscinas, tobogáns e atraccións divertidas, e para todas as idades.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies