O vindeiro 10 de xullo organizamos unha romaría no parque coruñés de Santa Margarita.

Desde as 12:00 da mañá ata as 22:00 da noite, haberá postos de comida e bebida, actividades para nenos e maiores, mercado solidario e unha mesa informativa de Viraventos con venta de produtos de comercio xusto. Todo isto acompañado de música con grupos como o senegalés Galu Teranga e máis de quince bandas galegas que se encargarán de amenizar a xornada.

Os cartos recadados durante esta romaría tradicional terán tres destinatarios. En primeiro lugar, para os proxectos solidarios que a nosa ONGD está a organizar para este ano. Un segundo beneficiario será Senegal, xa que queremos colaborar coa dotación dun equipo médico e farmacéutico para o centro de saúde da zoa de Hann; e por último, para axudar á construción dun centro de xoves na aldea de Nilli’n , situada nos arredores de Ramallah, Palestina.  Contamos coa presenza de todos vostedes para esta romaría tipicamente galega, para pasar un día agradable en A Coruña e colaborar cos máis desfavorecidos.

viagra without prescription is cialis or viagra better pharmacy technician salary in canada 2012 otc viagra cialisforsaleonlinecheaprx