O 29 de xullo mantivemos unha reunión con Susana Lopez Abella, Secretaria Xeral de Igualdade, co fin de presentarlle o Programa Mamá, colo, no que estamos a traballar dende o ano 2012, co propósito de facilitar a integración sociolaboral de nais inmigrantes, con fillos/as de 0 a 3 anos,  en risco ou situación de exclusión social.