Proxecto de voluntariado senior.
XERACIÓN+ busca promover o voluntariado entre as persoas maiores como forma de mellorar a súa calidade de vida e contribuír activamente ao desenvolvemento dunha sociedade inclusiva.
O proxecto realizará unha campaña de concienciación sobre o impacto e os beneficios do voluntariado senior, á vez que facilitará a súa participación a través do ensino e a alfabetización de persoas migrantes na Coruña.
A iniciativa fomenta a integración interxeracional e cultural, creando un espazo de aprendizaxe e comprensión mutua. Ademais, búscase empoderar as persoas migrantes ao mellorar as súas habilidades lingüísticas e abrir oportunidades educativas e laborais.
O proxecto aspira a enriquecer a vida dos voluntarios seniors ao permitirlles contribuír activamente á comunidade e establecer vínculos significativos coa comunidade migrante.
Esta actuación está subvencionada a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.