Proxecto de voluntariado intercultural e interxeracional.
SHIRIKI busca promover o voluntariado intercultural e interxeracional entre persoas maiores e a mocidade migrante, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas participantes e contribuír activamente ao desenvolvemento dunha sociedade inclusiva, participativa e culturalmente diversa.
O programa procurará a concienciación acerca da importancia deste tipo de voluntariado en diferentes zonas urbanas e rurais de Galicia, centrándose en centros de maiores e centros cívicos, co obxectivo de fomentar que se xeren espazos similares.
Persoas beneficiarias: Persoas maiores de 55 anos e mocidade de orixe migrante, con interese e motivación en participar como persona voluntaria, con compromiso social e identificación cos valores e Código de conducta de Viraventos.
Esta actuación está subvencionada a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.