Proxecto de prevención e sensibilización ante actitudes racistas na mocidade galega a través das redes sociais.
Este proxecto pon o foco da loita contra o racismo e a xenofobia na prevención, dende a comunicación e a sensibilización social, para fomentar unha mellor e saudable convivencia.
Pretendemos facer reflexionar a mozos/as sobre aquelas prácticas e condutas que directa ou indirectamente contribuen a que se produzan situacións discriminatorias, que se fagan visibles as suas causas e as súas consecuencias.
Buscamos crear unha nova estratexia de empoderamento coas mozas/os, sendo estes quenes poñan voz ás súas vivencias, ampliando os seus coñecementos e habilidades a unha dimensión activa, de participación e de acción, e creando unha rede que sirva como punto de colaboración, de reflexión e de afianzamento das relacións sociais.
Viraventos quere aproveitar esta oportunidade para difundir a labor da mocidade migrante como axente de sensibilización e parte activa e con axenda propia na loita contra o racismo.
Esta actuación está subvencionada a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.