EDUDIVERSIDADE

Proxecto para a prevención da discriminación na mocidade.

EduDiversidade é un proxecto para a prevención da discriminación racial que se desenvolverá en varios centros educativos de Secundaria de Galicia, a través dunha serie de accións preventivas contra o racismo, a xenofobia e todo tipo de discriminación das persoas por razón de orixe racial ou étnica, nacionalidade, relixión ou crenzas, dirixidas a mocidade de entre 12 e 18 anos, sempre dende unha perspectiva educativa e involucrando a toda a comunidade do Centro.

  • Capacitaremos do profesorado para facer uso dos protocolos, recursos e materiais creados para cada Centro
  • Realizaremos accións de concienciación nos centros educativos seleccionados.
  • Prestamos atención especial a mocidade migrante, con accións destinadas a revalorizar a súa identidade, fortalecer a sua autoestima e dotar de estratexias psicoemocionais para superar situacións de discriminación.

“Fagamos das nosas escolas espazos máis interculturais e inclusivos”

Esta actuación está subvencionada a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Tes dúbidas ou queres colaborar?

Contacta

+34 881 889 460

Traballamos cada día para mellorar a vida das persoas. Xuntas podemos marcar a diferenza.

Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.