Primeira reunión para formar parte do PIPE

Red Acoge é unha federación formada por 18 organizacións en todo o territorio estatal. Esta federación forma parte da Plataforma pola Xestión da Diversidade e está a traballar no Programa para a Identificación Policial Eficaz.

“O PIPE é un programa de actuación que pretende, entre outras cousas, mellorar os procedementos policiais en materia de identificación de persoas en lugares públicos”.

O día 13 de abril, Red Acoge estivo presente no Concello da Coruña para asinar convenio e ser incluída nesta plataforma. Pola tarde, levou a cabo a presentación do programa na sede de Viraventos para establecer un primeiro contacto e coñecer que organizacións estarían dispostas a participar de maneira activa nesta iniciativa.

Entidades de distintos colectivos (inmigración, diversidade funcional, transexuais, gais e lesbianas, enfermidade mental, etc.) unirémonos para garantir á sociedade diversa un trato policial igualitario e non discriminatorio.

Máis info en http://www.redacoge.org/news/es/2016/04/27/0001/programa-para-la-identificacion-policial-eficaz-