O Programa Cara Novas continuou a súa Semana de Ocio noEcoparque de Aventuras en Marín (Pontevedra).
Os rapaces e rapazas pasaron a calorosa tarde do martes poñendo a proba o seu equilibrio, destreza e enxeño ao longo dos seis circuítos multiaventuras adaptados para diferentes idades.
Comezaron co circuíto Alpino composto por máis de 14 xogos cheo de túneles de rede, saltos de corda, pasos de parrulo…. unha vez superada a primeira toma de contacto accederon ao circuíto Andino. Este sen dúbida, con maior emoción e dificultade xa que conta con 15 xogos a unha altura media de 9 metros superando balancíns deportivos, estrivos, pasarelas movedizas, saltos de corda, madeiros e tirolinas de 100 metros de lonxitude. Tan só os máis enérxicos conseguiron completar os seis circuítos ao longo da tarde.
Para rematar e recuperar forzas compartimos -entre monitores/ás e alumnos/ás- momentos divertidos e unha cea campestre antes de regresar á casa