Moi ao noso pesar chegamos ao último Obradoiro do proxecto A Coruña Aberta ao Mundo, e facémolo con Esmeralda Batipao, unha guineana que medrou en Portugal e reside na Coruña.
Esmeralda que combina tres culturas nunha, puxo todos os seus aprendizaxes de vida a nosa disposición. Fixemos un percorrido pola súa vida, dende Guinea Bissau ata o seu Recuncho de Esmeralda na rúa Pelamios na Coruña. Unha muller cun eterno sorriso, feminista, nai, emprendedora e loitadora polos dereitos das mulleres negras.
Con ela pasamos a mañá, cociñando un Caldo de mancarra e compartindo leccións de vida.
Moitas grazas!
Ata sempre