SERVIZO DE ORIENTACIÓN SOCIOLABORAL- CORUÑA ACTIVA

SERVIZO DE ORIENTACIÓN SOCIOLABORAL- CORUÑA ACTIVA

Promovido por Viraventos para facilitar a integración no mercado de traballo das mulleres en situación ou risco de exclusión social e con fillos/as entre 0-12 anos.

O Proxecto Coruña Activa pretende desenvolver unha serie de accións que parten da valoración previa das circunstancias persoais e laborais das destinatarias, identificando e potenciando as súas habilidades co obxecto de poñer ao seu alcance recursos formativos e de emprego. Un equipo de traballo realiza sesións de orientación, obradoiros prelaborais de capacitación profesional, realiza mediacións empresariais, promove a participación das usuarias en cursos de formación ocupacional e acompaña en todo o proceso de procura de emprego ás usuarias ata a súa inserción no mercado de traballo galego.

Persoas beneficiarias: Mulleres desempregadas, con fillos/as entre 0 e 12 anos, en risco ou situación de exclusión social residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana.

Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 26 de abril de 2016 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2016 e 2017(DOG núm.86 do 06/05/2016), enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

logos