Recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

Home / Asuntos de interes / Recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

%LANG: O dioma non está dispoñible For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

Fecha:
diferentes prazos.
Requisitos:
  • Para as cualificacións profesionais Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, as persoas solicitantes que  quedaron nas listas de espera na anterior convocatoria non teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación; só terán que formalizar o pagamento das taxas. A partir do día 15 do mes decembro de 2012, a través da páxina web http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional  indicaráselle a cada candidato o lugar, a data e a hora onde terá lugar a súa primeira reunión de asesoramento.
  • Nacionalidade española; encontrarse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
  • Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
  • Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificaranse polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.

    No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificaranse polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas neles.

  • O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Confección e mantemento de artes e aparellos e Servizos para o control de pragas seráa ta o 17-12-2012.
  • O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Socorrismo en espazos acuáticos naturais, Socorrismo en instalacións acuáticas e de Información xuvenil abranguerá desde o 1 ao 31 de marzo de 2013, inclusive..

A Consellería de Traballo e Benestar convoca o procedemento para recoñecer as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. Cualificacións profesionais: Atención sociosanitaria, Servizos para o control de pragas, Confección e mantemento de artes e aparellos, Socorrismo e Información Xuvenil.

Instituto Galego das Cualificacións. Dirección Xeral de Formación e Colocación. Consellería de Traballo e Benestar.

Edificio Administrativo San Lázaro

15781 Santiago de Compostela

http://traballoebenestar.xunta.es/

Información:

  • Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
  • Nos centros propios de formación profesional ocupacional da Consellería de Traballo e Benestar.
  • Na Fundación Galega da Formación para o Traballo.
  • No Instituto Galego das Cualificacións.

Publicación: DOG 16-11-2012

Publicado por: http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Nex/Page/Nex-Generica&cid=1207120231244&argIdioma=es&itemID=1353032198869&itemType=Suceso

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies