Oferta de emprego: Responsable do proxecto MamáCanguro en Viraventos

Home / Novas / Oferta de emprego: Responsable do proxecto MamáCanguro en Viraventos

%LANG: O dioma non está dispoñible For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

OFERTA DE EMPREGO

Responsable do proxecto MamáCanguro.

Axuda a Domicilio destinada á poboación infantil.

PERFIL REQUIRIDO

Requisitos imprescindibles:

  • Titulación universitaria de grao medio ou superior na área das C.C. Sociais, preferiblemente en Traballo Social.
  • Experiencia profesional demostrada de a lo menos 3 anos, na dirección ou dinamización de proxectos dirixidos a colectivos vulnerables.
  • Experiencia demostrada na xestión de equipos e persoas.
  • Coñecementos das ferramentas informáticas: Excel, Word, Powerpoint, Publisher e Internet (redes sociais), páginas web, etc.

Requisitos valorados:

  • Experiencia profesional na xestión dun  servizo de SAD
  • Capacidade de sistematización, resolución e organización do traballo
  • Habilidades de comunicación escrita e oral.
  • Coñecemento e manexo das metodoloxías e ferramentas habituais na xestión de proxectos
  • Alta motivación e identificación cós valores propios da entidade e cos fins para os que traballa.
  • Sensibilidade e compromiso ético-social
  • Experiencia de voluntariado en entidades do sector.
DESCRICIÓN DO POSTO

A persoa seleccionada deberá encargarse da dirección do Proxecto Mamá Canguro. Trátase dun proxecto de nova creación que pretende promover a participación en actividades formativas e/ou de orientación laboral de mulleres, con fillos/as entre 0 e 3  anos, en risco ou situación de exclusión social, a través da posta en marcha dun servizo de Axuda a Domicilio destinado á poboación infantil.

Funcións principais:

  • Planificación e implementación do proxecto xunto có equipo coordinador da organización.
  • Deseño e execución de estratexias de comunicación e difusión do servizo
  • Valoración e selección das mulleres beneficiarias do servizo.
  •  Selección, contratación, formación, coordinación e supervisión do persoal asociado ao servizo.
  •  Selección e formación do equipo de voluntariado.
  • Coordinación cos axentes sociais implicados no proxecto.
  • Elaboración de informes a institucións financiadoras
  • Acompañar e participar no traballo común da organización, así como no traballo en rede con outras entidades.
  •  Localización:  A Coruña.
  • Duración: 3 meses
  • Xornada laboral: 40 horas semanais.
  • Data de inicio: 01/09/14

Enviar CV en formato PDF a info@viraventos.org, con data límite de inscrición 27 de agosto de 2014.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies