Novo reparto de alimentos precisamos a túa colaboración

Home / Novas / Novo reparto de alimentos precisamos a túa colaboración

O próximo día 9 de novembro recibimos a terceira repartición de alimentos do ano, procedentes do “Plan de Axuda ás persoas máis necesitadas da UE”  a través do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio.

Como sabedes, se este traballo é posible, é grazas á colaboración de todas aquelas persoas que desinteresadamente vides a botarnos unha man, xa que doutro xeito a descarga e organización dos máis de 7200 kg de alimentos non sería posible.

É por iso que vos solicitamos, a todas aquelas persoas que queirades e poidades, que veñades a axudarnos o próximo venres 9 ás 12:15 da mañá.

A repartición de alimentos ás persoas beneficiarias comezará o luns 12 ás 10:00.

Grazas a todos e todas de antemán

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies